O forte vento dificulta as labores de extinción do incendio de Boiro

BOIRO> Preocupación tamén en Boiro pola evolución do incendio que dende onte á tarde ameaza á parroquia de Cures.

Ó parecer o lume iniciouse na zona de Cubelo. As fortes rachas de vento provocaron a súa rápida propagación.

Foi unha xornada intensa de traballo para os numerosos medios que traballan na extinción do lume, especialmente de noite, despois da marcha dos equipos aéreos.

Unha longa e mesta boca de lume ameazou a varias núcleos de poboación, como é o caso de Cubelo, Mosquete ou Piñeiro, aínda que por fortuna non foi necesario desaloxar a ningunha vivenda.

Á espera da evolución do lume, e unha vez controladas as lapas para que non afecten a ningunha aldea, a seguinte preocupación do Concello está no que vai acontecer unha vez extinguido o incendio.

A última hora da tarde, a consellería de Medio Rural decidiu solicitar, como medida preventiva, a Situación 2 para este incendio, debido á proximidade do lume ó núcleo de Piñeiro.

No último parte emitido pola Consellería e, a espera de poder corroborar estes datos sobre o terreo,  xa se estimaba nunhas 350 hectáreas a superficie queimada, na súa maior parte monte baixo e arborado, converténdose xa nun dos máis virulentos dos últimos anos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí