A DO Rías Baixas seguirá promocionando a marca no mercado internacional

PONTEVEDRA > 2018 foi un bo ano para a colleita e a comercialización de viño. Especialmente, para a Denominación de Orixe Rías Baixas. A directora de marketing fixo balance esta mañá dos resultados acadados no último ano e presentou todas as actividades previstas para seguir promocionando esta marca no resto do mundo.

A directora do Departamento de Marketing da Denominación de Orixe Rías Baixas amosouse positiva con respecto á situación actual da marca tras os resultados obtidos no ano 2018.

O principal mercado desta Denominación de Orixe é o internacional no que  levarán a cabo diferentes iniciativas neste 2019.

As perspectivas de futuro son a aposta polo crecemento sostido e a calidade, así como o desenvolvemento das características e particularidades que conforman a imaxe e a personalidade da marca.

Actualmente, a Denominación de Orixe Rías Baixas está a vivir un momento de auxe.  O seu futuro espera un crecemento positivo e a consolidación da marca como unha das máis influintes dentro do mercado internacional.