O Náutico perde co L´Illa Grau e di adeus ó ascenso á Superliga 1

    BOIRO> A derrota en Castellón privoulles de facer historia. Na última xornada os homes de Emilio Palacio debían gañar ó L’Illa Grau de Castellón, primeiro clasificado, e agardar a que se dera o outro dos condicionantes. Que o seu máximo rival o Sant Pere i Sant Pau de Tarragona non vencese na cancha do San Sadurniño. Esta última opción si se deu, pero os boirenses non conseguiron a vitoria no seu enfrontamento, perdendo en Castellón por tres sets a dous. O Náutico realizou un gran partido e case rozou o milagre. Caían no primeiro set por 25 a 22, dominaron o segundo e o terceiro por 20-25 e 16-25 respectivamente. E cando parecía que a vitoria ía caer do seu lado, os locais déronlle a volta ó partido, levándose o cuarto set 25-22 e o tie break por un cómodo 15-5. O ascenso e facer historia no mundo deste deporte deberá a gardar para outro momento, aínda que o bo papel realizado por tódolos xogadores, corpo técnico, directiva e afección deste equipo durante toda a tempada é para estar máis que orgullosos. De seguro novas oportunidades non lles faltarán.