RIANXO> O prazo para a presentación dos expedientes remataba o pasado 19 de febreiro para o que se destinan nesta anualidade uns 18’7 millóns de euros. Unha vez rematado o prazo de presentación de expedientes, producíase o pasado 19 de febreiro, foron preto de cen as solicitudes recibidas na consellería do Mar destinadas a melloras no eido da acuicultura, ás que a Xunta destinará este ano un total de 18’7 millóns de euros. Segundo explicou a propia Rosa Quintana durante unha visita realizada a unha batea en Rianxo, das que participaron precisamente na convocatoria destas subvencións o pasado ano 2017, déronse tres liñas de axudas. Para investimentos produtivos, para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento do uso de fontes de enerxías renovables e para a contratación de servizos de asesoramento. A Conselleira incidiu tamén que a Xunta aposta porque Galicia siga sendo unha comunidade líder no cultivo de mexillón e destacou o potencial deste sector como máximo expoñente da acuicultura en Galicia. De feito, segundo ela, o 75% das subvencións convocadas o ano pasado para investimentos produtivos en acuicultura foron precisamente a parar ó sector mitilicultor.
Inicio BARBANZA