Alcaldes da provincia reúnense na Deputación para coñecer novas axudas á vivenda do Goberno central

PONTEVEDRA> Máis dunha trintena de alcaldes déronse cita hoxe na Deputación de Pontevedra para coñece-los programas de vivenda do Goberno central dos que se poden beneficia-los seus concellos. O executivo central calcula investir 400 millóns de euros en Galicia, co obxectivo de rehabilitar unhas 25.000 vivendas ata 2025. Polo momento, dende o 2018, foron rehabilitadas unhas 5.000.

Trinta e dous alcaldes da provincia de Pontevedra de municipios de menos de 20.000 habitantes déronse hoxe cita na Deputación de Pontevedra para coñece-las distintas liñas de axuda que pon en marcha o goberno central para estimula-la rehabilitación de vivenda. O obxectivo do goberno é acada-las 25.000 vivendas rehabilitadas en Galicia no período 2018-2025. Poarta iso, vanse mobilizar 400 millóns de euros.

A xuntanza cos alcaldes foi convocada no Pazo provincial. Estivo encabezada polo Delegado do Goberno en Galicia, acompañado da Subdelegada en Pontevedra e da presidenta provincial.

Ao mesmo tempo, o Delegado do Goberno aproveitou para reclamarlle á Xunta que convoque canto antes as Axudas do Bono do alugueiro para a mocidade, para facilitarlles o acceso a unha vivenda digna.

Segundo detallou, esta liña de axudas permitá a 3.800 mozos galegos acceder a axudas de 3.000 ao ano, grazas a unha partida de 23 millóns de euros que o goberno central transferiu á Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí