Sete concellos de O Salnés entre os de “especial risco” de gripe aviar

    RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona. Galiñas, gansos e patos son as especies que dende agora e ata novo aviso deberán reter toda atención dos seus criadores. Sete concellos de O Salnés atópanse entre os de máis risco de cara a prevención da gripe aviar, por iso os consistorios de concellos como: Ribadumia, Meaño, Cambados, A Illa, Vilanova, O Grove ou Sanxenxo, actuaran como mediadores entre os criadores destas especies e a administración autonómica poñendo ao seu servizo un formulario. Os criadores de estas especies deberan ter especial coidado con elas e gardalas en sitios cubertos e tamén os seus comedeiros e bebedeiros, para evitar que entren en contacto con aves migratorias ou silvestres que lles poidan transmitir o virus. O obxectivo desta medida ten que ver coa necesidade de crear un censo que permita tomar as medidas adecuadas no caso de que apareza un foco de gripe aviar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/risco_aviar_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/risco_aviar_salnes.mp4{/flowplayer}