VILAGARCÍA> A rapazada tamén foi a protagonista hoxe en Vilagarcía nunha nova edición de Panos Brancos contra a Droga. A cita impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico volve logo do parón da pandemia, mantendo o seu obxectivo: amosar á rapazada xeitos de ocio saudables, lonxe das drogas.
O pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, acolleu nesta xornada unha nova edición de Panos Brancos contra a droga. Uns 200 rapaces déronse cita nesta iniciativa impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, que regresa logo da pandemia, mantendo o seu obxetivo.
A xornada de hoxe dividiuse en baloncesto, voleibol e atletismo. Todo nun ambiente festivo no que o importante é participar tomar conciencia.
O IES Castro Alobre, o Cotarelo, o Colexio San Francisco e os Filipenses participaron esta mañá na xornada deportiva. En concreto, o alumnado de 1º a 4º da ESO. Dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico explican que son unha franxa de idade moi sensible, porque é cando entran en contacto co alcol, o que pode acabar desembocando nas drogas.
Os distintos centros participantes achegáronse ata Fontecarmoa con pancartas reivindicando a súa aposta por unha vida saudable, chea de deporte e cultura e libre de drogas.