Unha moción de censura elimina a Prosagal da presidencia da Xunta de persoal do CHOP

Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal. Atacadas pola transparencia que exerceron nos últimos anos, así se senten dende Prosagal o sindicato que lideraba a Xunta de Perosal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e que dende hoxe foron relegadas dos seus cargos, despois de que, sete sindicatos conseguiran sacar adiante unha proposta de cese da presidenta e a secretaria aducindo unha perda de confianza para exercer as funcións encomendadas. Dende Prosagal teñen claro que o que rexeitan o resto de sindicatos é a transparencia coa que elas traballaban, facendo sempre todo público. Agora emprenderán vías legais contra a convocatoria desta reunión e contra as medidas que levaron a estes sete sindicatos a quitar do seu posto a Prosagal. Agora, e de momento, quedarán como nova presidenta Carmen Revenga de O´Mega e secretario Xermán Rouco da CIG. Cargos que se irán intercambiando cada 4 meses. Un feito que dende Prosagal consideran inoperativo e que terá como consecuencia que a Xunta de Persoal deixe de ter presenza e de reivindicar os dereitos dos traballadores da sanidade pública. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/prosagal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/prosagal.mp4{/flowplayer}