O Hidromel Fenrir Galego elaborado en Barro triunfa a nivel internacional

BARRO> O Hidromel Fenrir, producido no polígono de Barro, triunfa a nivel internacional. A empresa lanzou o pasado ano unha nova marca chamada Luna de Verano que acadou o terceiro posto no campionato europeo de Polonia. O hidromel galego xa se vende nos Países Baixos, Italia e Portugal.

Dende hai arredor de 2 anos, Irene Outeda creou a empresa Fenrir dedicada á elaboración de hidromel.  O éxito desta bebida levou á empresaria a crear unha nova elaboración con sabor a limón baixo o nome Luna de Verán.

Tras darllo a probar a clientes, familiares e amigos, o éxito da bebida foi rotundo. Tanto que Irene decidiuse a presentalo ao campionato de España, acadando a terceira posición, e ao campionato europeo, repetindo o mesmo éxito en Polonia. Uns recoñecementos que a axudan a seguir crecendo e a dar a coñecer o seu produto.

O hidromel de Fenrir xa é demandado en países como Italia, Portugal ou os Países Baixos. A clave do éxito atópase na súa elaboración de forma natural seguindo as receitas tradicionais.

Os interesados en probar calquera das dúas especialidades do hidromel de Fenrir poden compralo a través da páxina web da empresa. Nesa mesma páxina, tamén poden atopar información sobre os diferentes puntos de venda onde poden mercalo. Ademais a empresa oferta packs agasallo. Un lote que inclúe as dúas variedades de hidromel de Fenrir ademais dun vaso e diferentes adornos da temática desexada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí