PONTEVEDRA> As reivindicacións de cara ao 8M chegaron tamén ata ao sindicato de enfermería. O SATSE celebrou esta mañá unha concentración ás portas do Hospital Provincial co obxectivo de reivindicar o papel das profesionais deste sector.
Ese é o obxectivo do sindicato de enfermería. Poñer en valor o traballo das mulleres do sector e que a sociedade as valore pola súa profesionalidade e non polo seu xénero. Con esta idea e enmarcado no Día Internacional da Muller, o SATSE concentrouse esta mañá ás portas do Hospital Provincial.
Dende SATSE denuncian a falta de representatividade das mulleres nos altos postos de decisión e piden que se valore o seu traballo, en especial, nos casos de violencia de xénero.
Coa intención de reivindicar o papel que teñen na sociedade como mulleres e como profesionais do sector, piden tamén que se fomente a figura da enfermeira nas escolas.
A enfermería é un sector representado maioritariamente por mulleres e, sen embargo, aínda queda moito para chegar a unha igualdade real neste colectivo.