Pontevedra acollerá a gran gala da música galega

PONTEVEDRA> Todo preparado para a gran gala da música galega. A cidade acollerá o vindeiro mércores a entrega dos Premios Martín Códax, unha iniciativa que pretende poñer en valor a música ao vivo de Galicia.

442 proxectos presentados e soamente 54 chegaron á final. Os Premios Martín Códax da Música volven a Pontevedra por sexto ano e o fan para darlle visibilidade aos diferentes estilos musicais de Galicia.

Os finalistas optarán a 18 galardóns repartidos entre as categorías de músicos, salas de concertos e festivais. O premio honorífico deste ano será para o saxofonista Carlos Barruso.

O evento será o vindeiro mércores ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. Ademais, ao rematar o acto haberá unha degustación de produtos con denominación de orixe. E, como cada ano, tampouco faltarán as reivindicacións e o percorrido histórico pola música viral galega.