A POBRA> O concello da Pobra convoca a cuarta edición do concurso de embelecemento de balcóns e fachadas. Destaca este ano o incremento dos premios cun primeiro de 600 euros e 5 segundos de 300 euros, un por cada parroquia.
Co obxectivo de implicar á cidadanía na celebración do Nadal e facer que todo o termo municipal da Pobra luza máis fermoso durante estas festas, o concello da Pobra volve convocar o concurso de embelecemento de fachadas e balcóns. Para participar é necesario inscribirse previamente a través do departamento de Promoción Económica.
Destaca este ano o incremento dos premios que se entregarán en forma de Caramiñas para trocar por vales de compra no comercio local.
Dende o concello animan á cidadanía a sumarse a esta iniciativa e agardan superar o medio cento de participantes da anterior edición.










