O concello ordena a paralización inmediata das obras na parcela anexa ao colexio de Barcelos

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra suspende as obras que se están a realizar na parcela anexa ao colexio de Barcelos, na rúa do Rouco. Os técnicos municipais fixeron onte unha inspección que apunta aos traballos nesta parcela como responsables das gretas que están a aparecer no colexio de Barcelos e que obrigan á reconstrución do ximnasio do centro. O concello tamén ordeou á construtora que adopte medidas de seguridade para garantir a estabilidade do terreo.

Paralización inmediata das obras de construción dun edificio na parcela da rúa do Rouco anexa ao colexio de Barcelos. O concello decretou hoxe a súa suspensión inmediata, tras comprobar os técnicos municipais que son as responsables das gretas no colexio de Barcelos, sobre todo no seu ximnasio.

Agora o concello ordena á construtora que adopte as medidas urxentes de seguridade para garantir a estabilidade dos terreos. Ten un prazo de 24 hora para presentar un documento técnico que especifique cales serán estas actuacións.

Ademais, a empresa terá 5 días para presentar outro informe técnico, desta volta que revise a solución que se está empregando na construción dos muros dos sotos.

Deste xeito, as obras quedan paralizadas e sobre o terreo só poderán realizarse as actuacións dirixidas a establecer o terreo e garantir a seguridade. O incumprimento da orde de suspensión dos traballos pode ser constitutivo dun delito de desobediencia. Algo que, advirte o concello de Pontevedra, se poría en coñecemento da Fiscalía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí