O centro social de Boiro acollerá a proxección das películas finalistas dos Mestre Mateo

BOIRO> O cine volverá a Boiro. Farao da man do Ciclo Mestre Mateo que comeza este sábado no centro social da localidade. A película Código Emperador de Vaca Films será a encargada de inaugurar este ciclo que se prolongará ata finais de novembro.

A colaboración do concello de Boiro coa Deputación da Coruña e a Academia Galega de Audiovisuais fará posible que a partir deste sábado se exhiban na localidade barbanzá as películas finalistas dos premios Mestre Mateo. ‘Código Emperador’ de Vaca Films será a encargada de abrir este ciclo que terá lugar tódolos sábados ás oito no centro social de Boiro.

Ademais da proxección da película, desenvolverase un coloquio ó remate guiado por persoal da academia que aportará datos ou curiosidades sobre cada filme.

Malia que o ciclo mestre mateo rematará a finais de novembro, a intención da concellería de Cultura é seguir a promover cine tódalas fines de semana. O dia 2 de decembro exhibirase ‘As Lavandeiras, de Lois Patiño.