O Concello de Poio pon en marcha un punto limpo móbil

POIO> O goberno municipal de Poio realizou estas declaracións tras presentar un novo proxecto enmarcado na recollida de residuos. Trátase dun punto limpo móbil. O cal, percorrerá nos vindeiros meses as distintas parroquias do Concello.

O Concello de Poio anunciou esta mañá a posta en marcha dun punto limpo móbil. Aquí se poderán depositar diferentes residuos que requiren dunha xestión diferenciada. Como poden ser os mobles, as baterías, as lámpadas ou os electrodomésticos. A intención do goberno municipal é usar este servizo ata que se consiga ter un punto limpo fixo.

Este punto limpo móbil terá un calendario cíclico e rotatorio. O primeiro martes do mes instalarase na parroquia de San Salvador. A seguinte semana trasladarase ata San Xoán. De alí pasará a Combarro e rematará o mes nas parroquias de Samieira e Raxó.

Este punto limpo móbil porase en marcha o vindeiro martes. Os elementos voluminosos seguirán sendo recollidos porta a porta e baixo cita previa.

O horario do punto limpo móbil será de 10h a 14h e todos os veciños que queiran usar este servizo deberán presentar o seu DNI.