Rouban material endoscópico no Hospital Montecelo

PONTEVEDRA> O Hospital Montecelo sufriu a pasada fin de semana un roubo no servizo de Dixestivo. En concreto, os ladróns subtraeron material endoscópico valorado en 600.000 euros. Detrás deste suceso podería estar unha banda organizada.

Este é o percorrido que tiveron que facer os ladróns para roubar o material do servizo de Dixestivo do Hospital Montecelo. Un suceso rexistrado a pasada fin de semana neste Centro Hospitalario de Pontevedra e no que se subtraeu material endoscópico valorado en 600.000 euros.

O material médico estaba gardado baixo chave neste armario. Porén, neste box non se rexistraron signos de que se forzara a porta.

Esta non é a primeira vez que se rexistra un roubo así en España. De feito, en centros hospitalarios de Madrid, Cataluña e Valencia xa denunciaron sucesos similares.

E aínda que polo de agora se descoñece quen está detrás deste roubo, todo parece indicar que se trata dunha banda organizada.

Por sorte, e grazas á solidariedade doutras áreas sanitarias, o servizo de dixestivo do Hospital Montecelo puido reiniciar xa a súa actividade.