A Feira da Educación de Ribeira consolídase como foro pioneiro para compartir experiencias

    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a cuarta Feira da Educación de Ribeira que se desenvolverá ata o domingo. Unha trintena de expositores, instalados no auditorio municipal, amosan toda a oferta educativa do municipio. Achegar á cidadanía o bofacer dos centros educativos de todo o concello. Este é o principal obxectivo da Feira da Educación de Ribeira que este mediodía inauguraba a súa cuarta edición. Durante cinco días, os visitantes poderán realizar un percorrido polos preto de trinta expositores que integran a feira. Non só centros educativos, senón tamén asociacións ou servizos como AMICOS ou a Unidade Asistencias de Drogodependencias. Precisamente a diversidade dos participantes converte esta feira nun foro pioneiro para compartir experiencias educativas. Paralelamente desenvolveranse ata o domingo diversas actividades dirixidas ós alumnos. Dende obras de teatro ou obradoiros ata visita a exposicións e concertos.