O PP de Pontevedra pide ao Concello que destine o superávit aos sectores máis afectados pola Covid

PONTEVEDRA> Tras a decisión do Goberno de España de liberar o superávit dos Concellos, o PP de Pontevedra pedirá ao goberno local que invista ese diñeiro en apoiar aos sectores máis golpeados pola crise da Covid. A proposta será presentada no Pleno municipal do vindeiro luns.

Apoiar aos sectores máis golpeados pola crise da Covid. Ese é o obxectivo da moción que o PP de Pontevedra presentará no vindeiro Pleno municipal. Os populares proporán ao goberno local que invista o superávit dos anos 2018 e 2019, recentemente liberados polo Goberno do Estado, en axudar aos máis afectados pola pandemia.

As esperanzas de que a corporación apoie esta moción non son moitas. De feito, o voceiro popular criticou hoxe a actitude que soe adoptar o goberno local ante as propostas do resto de grupos políticos.

Rafa Domínguez criticou tamén hoxe a xestión de Lores durante a pandemia. O voceiro popular pediu que se aproben xa as bases para a concesión de axudas derivadas da Covid. Unhas axudas que deberían estar presentadas antes do 31 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí