O Concello de Poio asegura que a agresión sufrida pola Policía Local no Vao “non quedará impune”

POIO> Agresión no Vao de Arriba. Os feitos producíronse onte arredor dás 20:30 horas. Unha patrulla da Policía Local de Poio trasladouse á zona tras recibir unha chamada de emerxencia. Ao chegar, un grupo de persoas comezaron a lanzar pedras contra o seu vehículo. Os dous axentes tiveron que ser trasladados ao Hospital Montecelo polas contusións e mazaduras rexistradas. Nestes momentos recupéranse xa nos seus domicilios.

A Policía Local de Poio desprázase ata o Vao de Arriba arredor dás 20:30 horas tras recibir un aviso do centro de emerxencias. Xustamente despois de que a Garda Civil detivese a unha persoa nesta zona. Nada máis chegar, unha vintena de persoas rodean o vehículo. Varios individuos comezan a lanzar pedras e a atacar o automóbil con paus, bastóns e, incluso, machetas.

A patrulla logra abandonar o lugar e agarda reforzos fóra do poboado. Ata alí desprázanse efectivos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local de Pontevedra. Os axentes son trasladados de inmediato ao Hospital Montecelo polas contusións e cortes presentados. Nestes momentos hai xa 10 persoas identificadas.

Dende o Concello de Poio incidiron esta mañá na necesidade de colaborar entre todas as administracións para poñer solución a un problema que existe nesta zona dende hai xa moitos anos.

Os axentes foron xa dados de alta e recupéranse nos seus domicilios. As dilixencias continuarán abertas ata que se localice todas as persoas implicadas neste incidente.  Cabe destacar que ademais da agresión, todos eles poderían ser denunciados por incumprir o estado de alarma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí