Arquivada definitivamente a causa xudicial contra o alcalde de Caldas

CALDAS> A Audiencia Provincial de Pontevedra arquiva de maneira definitiva a causa xudicial contra o alcalde de Caldas de Reis. Este mércores achegámonos ata o concello para coñecer de primeira man como recibiu o rexedor esta noticia. Arquivado definitivamente a causa xudicial por malversación de fondos contra o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, unha noticia que o alcalde caldense recibiu con tranquilidade. Rey ten palabras de agradecemento a todos os seus achegados, veciños e compañeiros de partido. Nun auto emitido o 21 de abril, o organismo xudicial desestima o recurso de apelación que o Fiscal presentara ao dictame do Xulgado de Caldas, que declaraba que se arquivara a causa. Segundo a Audiencia Provincial “nada indica” que o rexedor indicara ao rexedor accidental “a orde de pago dunha multa coercitiva de 600 euros con cargo as arcas públicas”. TOTAL O alcalde de Caldas presentouse as urnas no 2015 tras recibir a autorización do seu partido e gañou a alcaldía por maioría absoluta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/03/arquivo_causa_caldas_alcalde_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/03/arquivo_causa_caldas_alcalde.mp4{/flowplayer}