POIO> Poio promociónase en Fitur por terceiro ano consecutivo como un destino único. O municipio desvelou este mércores no stand de Pueblos Mágicos de España a súa proposta deste 2026 coa presentación “Combarro – Poio: Pueblo mágico”.
Unha estratexia turística que se centra na realidade do que é o concello de Poio, sen maquillaxes e con toda a súa riqueza: natureza, patrimonio, mar e gastronomía.
O concello de Poio figura no mapa de Pueblos Mágicos de España grazas á beleza e singularidade do núcleo de Combarro. Un reclamo para o visitante que, como destino único, achégase a esta vila ao tempo que goza do resto do municipio.
Ademais, o municipio pode presumir de promocionarse nun dos puntos estratéxicos de Fitur. Poio conta con estes carteis promocionais xusto no acceso principal do pavillón 9, onde está o stand de Galicia, así como de outras moitas comunidades.
Polo punto no que está instalado calcúlase que pasarán estes días uns 250.000 asistentes.











