Reabre a piscina municipal da Pobra

POBRA> A piscina municipal da Pobra recuperou esta mañá a súa actividade despois de dous anos pechada. Durante os próximos sete días o acceso será libre e gratuíto para aquelas persoas que xa eran abonadas.

As instalacións da piscina da Pobra volven a recuperar a súa actividade despois de dous anos pechadas. Nestes primeiros días o acceso será gratuíto para aquelas persoas que xa eran abonadas antes do seu peche. A intención do Concello é recuperar a normalidade do servizo a partir do mes de abril.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, fixo balance destes dous anos nos que a instalación estivo pechada. Segundo el houbo momentos nos que o seu peche era obrigatorio debido á pandemia e que, no momento no que se podía abrir, foi inviable economicamente.

O rexedor informou ademais que o Concello estuda agora a súa posible municipalización ou ben sacar unha nova concesión.

Tamén anunciou que se levarán a cabo proximamente importantes melloras no complexo deportivo, como é o caso da dotación de novo equipamento, melloras na cuberta e de accesibilidade, así como tamén de eficiencia enerxética.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí