RIBEIRA> Gastromar amplía este ano o seu catálogo de pratos. A Feira Gastronómica que arranca a mañá en Ribeira ofrecerá tres especialidades de marisco, mexillón en tres preparacións e seis innovadoras propostas elaboradas a base de lirio e sardiña.
O obxectivo principal de Gastromar é potenciar as principais especies de peixe que se descargan na lonxa de Ribeira. De aí que no catálogo de petiscos que se poderán degustar nesta feira cobren especial protagonismo o lirio e a sardiña.
Complementan a oferta os reis do marisco: navalla, ameixa e nécora así como o mexillón en tres especialidades: empanada, á mariñeira e en vinagreta de cítricos.
Aqueles que o desexen poderán probar calquera destes doce pratos na feira que abrirá as súas portas mañá a mediodía na praza de España e se desenvolverá durante toda a fin de semana en horario de unha a catro e de oito e media a once.