Deportistas de 29 países compiten na Copa do Mudo de natación artística de Pontevedra

PONTEVEDRA> O mellor da natación artística a nivel mundial xa adestra en Pontevedra. A piscina olímpica de Ponte Muíños acollerá esta fin de semana a Copa do Mundo deste deporte, reunindo a 29 países e 450 participantes. Hoxe o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Real Federación Española de Natación, Fernando Carpena, visitaron as instalacións de Rías do Sur.

A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur xa loce así. As instalacións acollen estes días os adestramentos das seleccións que competirán na Copa do Mundo de Natación Artística.

A competición arrancará este venres, 29 de maio. Deportistas de ata 29 países daranse cita no evento. Entre eles, a Selección Española, que estreará o seu novo exercicio ao ritmo da canción Berghain, de Rosalía.

Hoxe tamén o alcalde da cidade visitou as instalacións de Ponte Muíños. Miguel Anxo Fernández Lores destacou a proxección internacional que estes eventos dan a Pontevedra e confiou en que esta copa do mundo sirva para crear máis escola.

Está previsto que a participación rolde as 450 persoas entre deportistas, técnicos e organización. Ademais será un éxito de público, con máis de 1.300 entradas vendidas.