A caravana da Cidade Europea do Viño arrinca o seu periplo promocional

    CAMBADOS> A caravana da Cidade Europea do Viño xa está lista para partir. Este stand móbil iniciará mañá o seu percorrido pola Península Ibérica. Unha viaxe de 20 días que levará o albariño e a Cambados a 11 cidades de España e Portugal. Vinte días; once cidades; e 2.000 quilómetros por toda a Península Ibérica. Este é o plan para o mes de maio da caravana que Cambados pon en marcha para promocionar a súa Cidade Europea do Viño. A caravana comezará mañá o seu periplo promocional, facendo a primeira parada nunha das cidades andaluzas. Oporto e Lisboa serán as vilas lusas que visite. A intención é instalar a caravana nas prazas máis céntricas para ofrecer dende aí degustación de albariño aos visitantes. Nun principio, a proba será gratuíta. Pero o traballo da caravana non rematará co mes de maio. A iniciativa terá un custo de 8.000 euros para as arcas municipais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/ptac_caravana_cidade_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/ptac_caravana_cidade_vino.mp4{/flowplayer}