O instituto de Poio mobilízase ante a falta de profe de xeografía e historia

POIO> O profesorado do instituto de Poio mobilízase reclamando á Xunta que se cubra a praza dunha mestra de xeografía e historia. A súa titular está ocupando nestes momentos outro posto nun organismo dependente de Educación, polo que no centro precisan de alguén que a substitúa. Nestes momentos, esas clases de xeografía e historia están sendo impartidas por outros mestres, como os de química ou francés.

Xeografía e historia impartidas polo mestre de física e química, tecnoloxía ou francés. Nesta situación atópase o instituto de Poio, 15 días despois de inicia-lo novo curso. A profesora á que pertence esa praza non se puido incorporar por estar estar ocupando outro posto nun organismo dependente da Consellería de Educación. Esta mañá, o profesorado concentrouse no centro reclamando á Xunta que cubra esa praza.

A directora do centro explica que están a soluciona-lo problema como poden. Están atendendo ao alumando  co profesorado que está de garda. No centro preocupa, en especial, a atención que recibe o alumnado de segundo de bacharelato, nun curso que serve de preparación para a ABAU.

Na concentración desta mañá do profesorado participou tamén a concelleira de Educación de Poio. O BNG tamén levou o asunto ao Parlamento Galego. O Bloque rexistrou hoxe unha proposición non de lei e preguntas ao goberno para que de maneira inmediata se dea resposta a esta demanda e se garantan os dereitos do alumnado. O profesora, entre tanto, ameaza con mais mobilizacións ata que o problema quede resolto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí