Mosquera amosa o compromiso da Deputación co Príncipe Felipe

Pontevedra> A Deputación de Pontevedra quixo amosar esta mañá o seu compromiso con Príncipe Felipe e a súa vontade de erradicar a violencia neste centro. Mosquera dixo esta mañá que ten claro que eses 5-6 mozos conflitivos non seguirán o vindeiro curso neste centro. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra teno claro, a aposta desta administración polo centro Príncipe Felipe é total, para isto non hai máis que ver as cifras. O que tamén teñen claro dende a Deputación é que non van a permitir que o bo traballo que realizan os profesionais do Príncipe Felipe se veña abaixo por 5-6 mozos conflitivos por iso non van a continuar co convenio da Xunta tal cual está. Dende a Deputación queren mellorar e potenciar Príncipe Felipe e os seus preto de 220 alumnos por iso non van a permitir que mozos conflitivos e que sembran, en moitas ocasións, o pánico, formen parte deste centro.