Fexdega e o Recinto Feiral pontevedrés acollerán a vacinación de 2.200 persoas este sábado

PONTEVEDRA/VILAGARCÍA> Sanidade comeza a vacinación das persoas de entre 50 e 55 anos este sábado. Farao cun novo formato, xa que as doses se aplicarán fóra de centros de saúde e hospitais. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocarase a 1700 persoas, que se vacinarán no recinto feiral e en Fexdega, respectivamente. En Barbanza, será no hospital comarcal e estarán chamados 400 veciños.

A chegada de 30.000 doses da vacina de AstraZeneca e a previsión dunha recepción masiva nas vindeiras semanas, leva á Consellería de Sanidade a preparar as primeiras vacinacións multitudinarias que se realizan en Galicia.

En Barbanza convocaranse 400 veciños, que recibirán as súas doses no hospital comarcal. No caso da área de Pontevedra e O Salnés, a vacinación será no recinto feiral pontevedrés e no complexo vilagarcián de Fexdega, respectivamente. Aquí son 1700 do distrito sanitario de Pontevedra e 500 do Salnés.

Como sucede coa vacina de AstraZeneca, estas doses serán para persoas de entre 50 e 55 anos. En concreto, os que naceran entre o 11 de marzo de 1965 e o 31 de decembro de 1971. Ao igual que no caso dos maiores de 80 anos, comezarase polos apelidos que empecen por H.

En todo caso, será imprescindible a confirmación para poder vacinarse. O sistema porase a proba mañá, cunha xornada piloto na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.