Ata o domingo, o mellor café de España sérvese en Pontevedra 2017

IV Festival de Cafés Especiais no Recinto Feiral de Pontevedra

Pontevedra> O IV Festival de Cafés Especiais inaugurouse esta mañá no Recinto Feiral de Pontevedra. Unha cita onde nos podemos atopar os mellores profesionais e o mellor produto. A entrada é de balde, así que xa o saben, ata o domingo 14 de maio poden degustar o mellor café na Boa Vila.

Pontevedra é dende hoxe e ata este domingo 14 de maio a capital do café. Xa que o Recinto Feiral acolle o IV Festival de cafés especiais SCA. Alí nos podemos atopar de todo un pouco… Incluso ademais de cafés tamén hai cervexas… Un evento moi importante para as empresas vencelladas ao mundo do café. E o que tamén hai é algo de nerviosismo, xa que temos que lembrar que ao longo destes días tamén hai competicións nas cinco disciplinas deste evento, en barista, Latte Art, Brewers, Coffe in Good Spirits e CupTasters. Esta mañá tivemos a oportunidade de falar con algúns dos mellores profesionais na categoría de Latte Art. Un único participante das 5 disciplinas proclamarase campión e será o encargado de representar a España nos mundiais que se celebrarán en Budapest o vindeiro mes. Pero ata entón, deben saber que ata este domingo teñen a oportunidade de tomar o mellor café no recinto feiral de Pontevedra.