A Deputación homenaxea o sector turístico na posta de longo da campaña ‘Momentos Rías Baixas’

PONTEVEDRA> Todo preparado para a gran cita do turismo pontevedrés. A Deputación de Pontevedra celebra mañá a posta de longo de Momentos Rías Baixas, a campaña coa que este ano se promocionará a oferta turística da provincia. O acto servirá tamén para recoñecer e apoiar o sector turístico nun momento especialmente complicado por mor da pandemia.

A estas alturas ninguén dubida do atractivo das Rías Baixas como destino turístico. Por iso o inicio simbólico da tempada ben merece unha posta de longo por todo o alto. Será mañá, cunha gala no auditorio Mar de Vigo.

A campaña de promoción deseñada pola Deputación de Pontevedra, Momentos Rías Baixas, será o fío condutor do evento. Unha cita que se aproveitará tamén para recoñecer e apoiar o sector do turismo nuns tempos especialmente duros por mor das restricións derivadas da pandemia.

Este ano, Rías Baixas contará ademáis cuns embaixadores de luxo: os seus Estrellas Michelín, representantes dunha calidade que se extende á ampla maioría so sector. Non en van, máis de cen empresas turísticas da provincia serán recoñecidas na gala co distintivo Sicted de Excelencia que recollerán na súa representación alcaldes e alcaldesas.

A gala do turismo de Rías Baixas comezará ás 19.30 horas. Estará conducida pola actriz Celia Freijeiro e poderá seguirse en directo a través da web da Deputación de Pontevedra e das súas redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí