POIO> Seis días de festa no concello de Poio para conmemorar o San Xoán. O goberno local deseñou unha ampla progamación coa colaboración de numerosos colectivos do municipio. As actividades desenvolverase do 22 ao 27 de xuño coa xornada do 23 como día central.
Do 22 ao 27 de xuño o concello de Poio mergúllase nas festas de San Xoán.
O sábado 22 comezará a programación coa lectura do pregón. Desta volta correrá a cargo de Rafa Cabeleira, xornalista e colaborador habitual en medios de comunicación e, ante todo, veciño de Campelo. Tamén se entregarán os premios aos mellores deportistas da tempada 2023-2024.
O domingo 23, véspera de San Xoán, será a xornada central. Non faltarán neste día as paradas tradicionais da celebración, como a recollida das herbas, as fogueiras ou a tradicional sardiñada.
Concertos, misas solemnes, orquestras e pasarrúas completarán a programación durante toda a semana. O día 27 será outra das citas máis agardadas: a festa infantil.
Dentro desta programación do San Xoán 2024 Poio inclúe outras actividades, como o Certame de Corais no Mosteiro de Poio ou as exposicións Arías Xidas e Maquetas do Patrimonio Cultural, tamén no Mosteiro.











