Os “Xogos Florais” enchen de poesía os corredores do colexio San Francisco

    VILAGARCÍA> Como cada remate de curso durante os últimos 18 anos o colexio San Francisco de Vilagarcía, celebra “Os Xogos Florais”. Un certame que promove a poesía entre os alumnos e co que se homenaxea aos rapaces de último curso. Este xoves tivo lugar no colexio San Francisco de Vilagarcía, a celebración dos seus xa tradicionais “Xogos Florais” un acto no que participan todos os alumnos de secundaria do centro, e que xira en torno a poesía. Pero non é só un certame de poesía, senón que serve para homenaxear aos mellores alumnos da última promoción de cuarto da ESO, que abandonan o centro para comezar os seus estudos de Bacharelato. Un acto que os alumnos estiveron a ensaiar dende pola mañá, e que ten o seu compoñente emocional tamén. Ademais nesta décimo oitava edición haberá un xurado profesional que premiará nun ránking as tres mellores poesías escritas por estes pequenos poetas vilagarciáns. Sen dúbida unha noite máxica para algúns, ca que nunca esquecerán a súa etapa no colexio, e ansiada por aqueles que esperan impacientes para ser os protagonistas. img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xogos_florais_san_francisco_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xogos_florais_san_francisco.mp4{/flowplayer} {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xogos_florais_san_francisco_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xogos_florais_san_francisco.mp4{/flowplayer}