A Garda Civil e a Policía Nacional valoran positivamente o traballo conxunto na operación anti droga do Salnés

Pontevedra> Seis detidos, quilo e medio de cocaína, 10 quilos de sustancias de corte, 5 quilos de marihuana, 210 mil euros en metálico, dous coches e dúas motos. Este é o groso do material incautado pola Policía Nacional e a Garda Civil na operación anti droga no Salnés. Os dous corpos de seguridade amosáronse esta mañá satisfeitos co resultado desta investigación que comezou a finais do 2016. A operación anti droga levada a cabo pola Garda Civil e pola Policía Nacional no Salnés resolveuse con seis detidos, seis rexistros, a incautación de quilo e medio de cocaína, 10 quilos de sustancias de corte, 5 quilos de marihuana, 210 mil euros en metálico, dous coches e dúas motos. Unha operación na que ambos corpos de seguridade levan traballando dende finais do 2016. Esta operación desenvolveuse integramente no Salnés. O mais chamativo de todo o incautado son os 210 mil euros en metálico que se atoparon nun fallado de Cambados. Declaracións que realizaban esta mañá na sede de Garca Civil de Pontevedra onde se conmemorou o 173 aniversario da fundación deste corpo de seguridade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/anti_droga_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/anti_droga.mp4{/flowplayer}