Pablo Casado “agarda volver a vir a Pontevedra cando o PP gañe a alcadía”

Pontevedra> O vicesecretario de comunicación do PP estivo hoxe de visita en Pontevedra. Pablo Casado destacou a boa oposición que está facendo Jacobo Moreira na Boa Vila, do que dixo, é o representante político que está dando resposta aos veciños da cidade. Casado agarda poder volver no 2019 para festexar a vitoria do PP na capital de provincia. Comezou a súa visita no Mercado de Abastos. Alí Pablo Casado interesouse polos peixes e polas carnes galegas, logo seguiu o seu percorrido pola zona vella da Boa Vila, parouse para coñecer máis sobre a historia de Valle Inclán, seguiu a súa andaina e na Praza de España atendeu aos medios. Alí dixo que xa viñera moitas veces por Pontevedra, unha cidade que podería das moito máis de si se fose gobernada polo PP. Casado destacou a labor que Jacobo Moreira está desenvolvendo na oposición. O vicesecretario dixo que agarda poder volver no 2019 para festexar unha victoria do PP en Pontevedra. Casado dixo que será o dirección autonómica a que decida se finalmente será Jacobo Moreira o candidato do PP en Pontevedra no 2019. O que teñen claro dende o PP é que a Boa Vila é unha cidade importante para o seu partido, xa que se trata da cidade do Presidente do goberno español e é a capital de provincia á que Feijóo tamén está moi unida. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/paseo_pp_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/paseo_pp.mp4{/flowplayer}