O Partido Popular aposta por converter o pleno de marzo nun Debate sobre o Estado da Cidade

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra quere recuperar o debate sobre o estado da cidade. A formación levará a proposta como unha moción ao vindeiro pleno. A súa intención é que esta sesión se desenvolva coincidindo co pleno do mes de marzo. Para Rafa Domínguez este debate é necesario ante o que cualifica como o declive da capital que, alerta, está a converterse nunha cidade dormitorio.

Rafa Domínguez quere converter o pleno do mes de marzo nun debate sobre o estado da cidade. O Partido Popular presentará na sesión de febreiro unha moción con esta solicitude.

Segundo o presidente popular, a cidade pontevedresa está en declive económico, social e de influenza. Asegura que, xunto con Ferrol, a capital rexistra a taxa de desemprego máis elevada das sete cidades galegas. Tamén que nos últimos dous anos perdeu 400 habitantes.

A este respecto, sinalou tamén que nos últimos 24 anos non se instalaron grandes empresas na cidade. E que as decisións do goberno local en materia de tráfico e mobilidade prexudican ao comercio local.

Domínguez adiantou que a súa intención é comezar a vindeira semana a presentar as súas ideas para a Pontevedra do futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí