Veciños da urbanización pontevedresa Fuensanta denuncian o abandono do concello

PONTEVEDRA> Veciños da urbanización Fuentesanta, en Pontevedra, denuncian o abandono do concello. Aseguran que levan tempo chamando a atención sobre o mal estado dalgúns equipamentos e a acumulación de maleza e de lixo preto das súas casas. Unha situación que incluso provocou a aparición de ratas que rillan o cableado dos servizos.

Hai ao redor de 7 anos que o concello de Pontevedra recepcionou as obras da urbanización de Fuentesanta, na parroquia de Salcedo. Os veciños denuncian que dende entón quedaron esquecidos das actuacións municipais.

Dende o momento da recepción das obras, hai espazos que se mantiveron privados e de cuxo mantemento se encargan os veciños. Pero aseguran que o mal estado das zonas públicas provocou, incluso, a aparición de ratas.

Preocupa especialmente o estado dunha parcela pegada á urbanización. Os veciños cren que é propiedade de ADIF, pero reclaman ao concello que interceda para esixir a súa limpeza. Tamén denuncian que o servizo de recollida de lixo é deficiente na zona.

Explican que dende a asociación de veciños xa mantiveron unha reunión no concello de Pontevedra co alcalde pero, polo de momento, non se atenderon as súas demandas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí