Iceta calcula que a rehabilitación da antiga sede de Facenda podería estar rematada no 2025

PONTEVEDRA> O Ministro de Cultura e Deporte estivo hoxe en Pontevedra e Poio para apoiar aos seus alcaldables socialistas. Ao mediodía, Miquel Iceta protagonizou unha conversa co candidato pontevedrés, Iván Puentes, para destacar o peso que a cultura e o deporte teñen no seu programa electoral. Aquí Iceta aproveitou para reafirmar o compromiso do Goberno Central coa rehabilitación da antiga sede de Facenda. Asegurou que a súa reconversión en Arquivo podería estar rematada no 2025.

A campaña electoral trouxo esta mañá ata Pontevedra ao Ministro de Cultura e Deporte. Miquel Iceta estivo na cidade para apoiar ao candidato do Partido Socialista, Iván Puentes.

Tamén se referiu á rehabilitación da antiga sede de Facenda. Iceta calculou que a intervención para convertela en Arquivo Histórico podería estar rematada no 2025.

Pronto estarán en marcha as obras de reparación da cuberta. A intervención conta cun orzamento de case 600.000 euros e actualmente está pendente da autorización da Xunta.

Iceta tamén se referiu ao futuro uso do edificio. Como estaba previsto acollerá o Arquivo Histórico Provincial. Pero a intención é que tamén conte con espazos para actividades culturais.

A posibilidade de trasladar á antiga sede de Facenda tamén a Biblioteca pública foi desbotada polo Ministro de Cultura por, asegurou, falta de espazo. Así as cousas asegurou que a intención do seu departamento é construír unha nova biblioteca en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí