POBRA> O equipo de goberno levará mañá a pleno a aprobación inicial da nova ordenanza de circulación. A norma permitiralle ó executivo poder realizar unha especial protección no uso das rúas peonís onde se poderá restrinxir o paso dos vehículos, a carga e descarga ou os aparcamentos. T
amén permitirá regular a circulación de de vehículos de mobilidade persoal como poden ser bicicletas ou patinetes.
Unha vez aprobado inicialmente, e despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o regulamento deberá someterse a un período de alegacións, antes da súa aprobación definitiva.
Dende o Concello confíase en que o documento poida entrar en funcionamento xa este verán.