Vilaxoán bautiza a súa nova traíña, a “Virxe do Carme”

    VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán conta dende o pasado venres cunha nova traíña. Durante un concorrido acto, os padexeiros botaron a nova embarcación, bautizada como Virxe do Carme. O Club de Remo Vilaxoán converteu a botadura da súa nova traíña nunha festa para todos os veciños. A embarcación leva por nome o da patroa do pobo, Virxe do Carme, e supuxo un investimento próximo aos 36.000 euros. Dende que Rogelio Tarrío tomou a presidencia do club hai tres anos, potenciar a base é un dos seux obxectivos. Unha meta que están a conseguir, como se demostrou no Campionato de España de bateis celebrado hai un mes. Todos os asistentes, veciños e autoridades, só tiveron loubanzas para o traballo dun club que Vilaxoán sente como propio. Tamén para os valores que representa o deporte do remo: sacrificio, constancia, compañeirismo, perseveracia e competitividade limpa. O acto rematou co bautismo de mar de “Virxe do Carme”, que se introduciu nas augas da praia de O Preguntoiro acompañada polo Salve Mariñeiro e o Tres cousas ten Vilaxoán, interpretadas pola Coral de Vilaxoán. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/22/botadura_traina_vilaxoan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/22/botadura_traina_vilaxoan.mp4{/flowplayer}