Comeza o xuízo contra a banda de “O Mulo” acusados de introducir 3,5 kilos de coca nas costas galegas

Pontevedra> Hoxe deu comezo, na sección segunda da Audiencia Provincial, a vista oral do xuízo contra os 14 acusados de introducir, en agosto de 2008 nas costas galegas, 3500 quilos de cocaína. Foron 13 os que se presentaron a esta cita onde todas as súas defensas solicitaron a nulidade das intervencións das escoitas telefónicas alegando irregularidades. 13 dos 14 acusados por introducir 3500 quilos de cocaína nas costas galegas en agosto de 2008 comezaron esta mañá a vista oral do xuízo. Unha cita onde puidemos escoitar como cada un dos letrados destes acusados solicitaban a nulidade das intervencións das escoitas telefónicas alegando irregularidades ou falta de motivación. O principal acusado e cabecilla da banda é Rafael Bugallo, coñecido como “O Mulo” o Ministerio Fiscal sinálao como responsable da organización, ao considerar que era el quen negociaba directamente o transporte de cocaína aos gripos provedores suramericanos. Cada un dos acusados enfróntase a penas que van entre os 15 aos 17 anos de prisión por delito contra a saúde pública e outro por pertencer a unha organización criminal. Mañá ás 10 e cuarto reanudarase este xuízo coa declaración dos acusados.