PONTEVEDRA> O barrio pontevedrés da Moureira estréase de xeito oficial como primeiro gañador do premio gastronómico Loureiro de Ouro. O Gremio de Mareantes recolleu o galardón en representación do barrio, que foi recoñecido polo concello de Pontevedra pola súa achega histórica á gastronomía da cidade. Este Loureiro de Ouro nace no marco da iniciativa Pontevedra Capital Gastro.
Co Loureiro de Ouro o concello de Pontevedra recoñeceu á Moureira o seu papel fundamental na historia da cidade. O barrio convértese así no primeiro gañador deste premio gastronómico.
O Gremio de Mareantes foi o encargado de recoller este galardón. A entidade leva séculos traballando para salvagardar a identidade da Moureira, motor do crecemento da cidade.
Este premio nace baixo o paraugas do Pontevedra Capital Gastro, iniciativa que engloba outras actividades. Entre elas, a Batalla das Cunchas, que se celebrará o vindeiro 30 de xuño na Alameda. Finalmente, o cociñeiro David de Jorge, ‘Robin Food’, non poderá exercer de mestre de cerimonias como estaba previsto. No seu lugar, o encargado será Carlos Maldonado, un Estrela Michelín saído do concurso Master Chef.