PONTEVEDRA> A Asociación Española Contra o Cancro tomou hoxe as rúas de Pontevedra. Máis de 900 voluntarios e unha vintena de mesas instaladas pola cidade participaron na súa tradicional cuestación anual. Unha xornada cun obxectivo claro: recadar a maior cantidade posible de fondos para, principalmente, apoiar a investigación contra esta enfermidade.
A investigación é unha peza clave na loita contra o cancro pero tamén unha das que precisa máis recursos. Para poder apoiala a Asociación Española Contra o Cancro celebra cada ano unha xornada de Cuestación.
En Pontevedra, 900 voluntarios e 23 mesas petitorias encargáronse de levala adiante. O obxectivo está claro: conseguir a maior cantidade posibles de fondos para apoiar a investigación.
Outra parte dos fondos que se consigan axudan á asociación a seguir adiante coas súas actividades gratuítas, dirixidas a apoiar a pacientes e ao seu entorno. Porque o cancro é unha enfermidade que golpea forte e da que nos facemos conscientes cando o fai preto.
Máis tarde tocoulle vivir a enfermidade en primeira persoa. No 2016 foi diagnosticado de cancro de próstata. Xa curado deste, un ano máis tarde, localizáronlle un cancro neuroendocrino do que segue a tratarse. Hoxe José Luis insiste na importancia da investigación.
Dende a Asociación Española Contra o Cancro recordan que en España hai un diagnóstico desta enfermidade cada dous minutos. Calcúlase, ademais, que para o 2030 haberá máis de 330.000 casos novos. Datos que só a investigación pode chegar a mudar.