Nace o estatuto dos profesionais autónomos

    estatuto100_220208.jpgCAMBADOS  >  Domingo Tabuyo reuniuse hoxe coa UPTA para presentar o nacemento do estatuto dos traballadores por conta allea

    Xa en plena campaña electoral os partidos políticos comezan a presentar o que para eles son os froitos do traballo levado a cabo durante estes últimos catro anos. É o caso do Partido Socialista.

    O seu candidato ó congreso por Pontevedra, Domingo Tabullo reuniuse hoxe coa unión de profesionais traballadores Autónomos para presentar o nacemento do estatuto dos traballadores po conta allea. Unha demanda histórica que recolle os dereitos e deberes dos autónomos equiparándoos co resto de profesionais do réxime xeral.

    Un longo camiño o que percorreron os traballadores autónomos para chegar ata este día onde puidera existir un estatuto onde se recollan todos aqueles dereitos que por lei e como calquera traballador debe ter acceso. Para o candidato ó congreso é toda unha satisfacción dar a coñecer o estatuto e sinala que foi producto da boa política laboral exercida polo PSOE.

    Entre outras vantaxes o documento reflicte más protección para os autónomos. Para o colectivo dos autónomos este é un gran avance cara o recoñecemento total dos traballadores por conta allea, e aínda que queda moito por conseguir agradece o esforzo do consenso acadado por tódalas forzas políticas Outra das medidas nas que se están traballando é a especial protección ós autónomos dependentes e promover dende o ensino a cultura emprendedora.

    Redacción Salnés