Pontevedra activa o Supera 21 con 1,3 millóns de euros para o estímulo da economía

PONTEVEDRA> En Pontevedra, o Concello ultima os detalles do Plan Supera 21, para o estímulo da economía local. O goberno da cidade prevé inxectar 1,3 millóns nos sectores afectados pola pandemia. Dentro deste programa inclúese, ademais, unha partida de 400.000 euros para que as familias con fillos estudando en colexios da cidade poidan mercar un ordenador.

O Concello de Pontevedra porá en marcha no vindeiro mes de marzo a súa nova liñas de axudas para os sectores máis afectados pola pandemia. O plan, denominado Supera 21, prevé mobilizar 1,3 millóns de euros para o estímulo da economía local.

O goberno local traballa agora nas bases do plan, para que sexan máis flexibles, para chegar a máis negocios e autónomos.

Dentro deste paquete de axudas, o concello inclúe tamén unha partida de 400.000 euros para a compra de ordenadores. Poderán obtar a estas achegas, cun máximo de 400 euros, familias con fillos menores que estudien en colexios públicos.  A medida busca loitar contra a fenda dixital.

Máis alá destas axudas, busca fórmulas tamén para apoia-lo sector do turismo e, en concreto, as axencias de viaxes. Recibirán axudas fóra do Supera21, a través de accións promocionais en todo o Estado.

Os detalles do Supera21 publicaranse na páxina web que Pontevedra vai habilitar para que os interesados poidan consulta-las bases das distintas partidas que o Concello vai habilitar para palia-los efectos da crise derivada do coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí