Os noieses despedirán o ano cunha San Silvestre solidaria

NOIA> Noia celebrará mañá a decimo sexta edición da carreira San Silvestre organizada polo Club de Atletismo da localidade. Este ano a proba terá carácter solidario posto que se recollerán alimentos para Cáritas.

Como xa é tradición, Noia despedirá o ano cunha nova edición da San Silvestre. A carreira sairá mañá ás cinco dende a alameda para enfilar un percorrido urbano de tres quilómetros. A principal novidade este ano reside no carácter solidario da pobra posto que tódolos corredores que queiran participar deberán aportar alimentos que serán doados a Cáritas Parroquial.

Na actualidade, Cáritas atende a máis dun cento de familias que nestas datas precisan aínda máis da solidariedade de toda a sociedade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí