AMBAR celebrará en xullo a III Carreira pola Diversidade

    RIBEIRA> AMBAR celebrará o domingo nove de xullo a terceira carreira pola diversidade. Tres modalidades e diferentes categorías segundo a idade componen este evento que ten por obxectivo dar visibilidade ó colectivo de persoas con diversidade funcional e sensibilizar á sociedade sobre a importancia de mellorar a accesibilidade. Tanscorreron xa tres anos dende a primeira edición e o gran éxito da proba fixo que o próximo día nove de xullo se celebre xa a terceira carreira pola diversidade. Esta cita lúdico deportiva reunirá en Ribeira a corredores que poderán competir en tres categorías: zapatilla, cadeira de rodas ou handbike. Ademais do percorrido xeral haberá carreiras máis curtas para os máis pequenos e unha andaina que discorrerá en paralelo á carreira. O prezo da inscrición é de cinco euros e pode realizarse xa nas propias instalacións de AMBAR, en Frións e na Pobra, ou a través do enderezo electrónico poladiversidade@galitiming.com. Aqueles que desexen aportar o seu gran de área pero non poidan asistir á carreira poden colaborar a través do dorsal cero. Tanto dende a organización como do concello agardan superar o número de participantes do pasado ano no que roldaron as cento cincuenta inscricións. O circuito é moi asequible e idóneo para os queiran iniciarse nas carreiras. O remate da proba terá lugar unha romaría no merendeiro de Coroso.