O concello propón ó patrón de Carril un Plan de Autoprotección para que a Ameixa se celebre o día 20

    vilagarcia> Un plan de autoprotección financiado polos propios organizadores da Festa da Ameixa. É a opción que esta esta mañá ofreceu o concello vilagarciá ó patrón maior de Carril, se éste continúa coa idea de celebrar a cita o 20 de agosto. Aínda así, Alberto Varela asegurou esta mañá que o goberno local segue estando en contra de manter esta data. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, continúa asegurando que a celebración da Festa da Ameixa de Carril a fin de semana do 19 e o 20 de agosto, coincidindo co Combate Naval e as Revenidas, é un erro. Por motivos de seguridade, porque non hai efectivos suficientes para cubrir tódolos eventos, e porque hai que desestacionalizar o turismo de Vilagarcía e que non coincidan nos mesmos días as citas más relevantes do concello. Pero ante o empeño, segundo di Varela, do patrón maior de Carril de non modificar a data de celebración, o goberno local fixo pública esta mañá a alternativa que ofrece se é que se continúa coa idea desa fin de semana. Unha proposta que responde ós informes dos responsables da policía local e o servizo de emerxencias municipais. Isto inclúe corpos de seguridade privada ou técnicos de emerxencia, e outros compromisos como a limpeza especial trala festa. Para regular o tráfico teñen que ser efectivos municipais, polo que Varela asegura que terán que pedir a traballadores que disfrutan de vacacións ou días libres vir facer horas extras para poder cubrir tódolos eventos, co consecuente gasto, ademais para o concello . O alcalde afirmou que trala rolda de prensa pensaba convocar ó patrón maior para unha nova reunión e transmitirlle esta proposta. O alcalde de Vilagarcía quixo tamén respostar á carta que recibiu onte da Dirección Xeral de Turismo, na que se informaba ó concello da súa obriga de manter as condicións que fixeron merecedora á Festa da Ameixa da categoría de interese turístico de Galicia, ou de non Varela criticou tamén as formas da dirección de Turismo, xa que considera o idónea é que se consultara co goberno local a súa postura. A tenente de alcalde de voceira socialista; Tamén interveu na rolda de prensa aclarar os antecedentes desta festividade. l O alcalde de Vilagarcía que asegurou que este plan de autoprotección que agora propón, é unha solución para este ano, pero que agarda que sexa a última vez que xorda esta polémica e pide a tódalas organizacións dos eventos do municipio que as datas de celebración sexan consensuadas co concello con tempo suficiente.