Nova campaña da vieira con escaseza de produto e un tamaño que supera os 12 centímetros

CAMBADOS> 17 embarcacións comezan en Cambados unha nova campaña de extracción de Vieira. O produto presenta un bo tamaño pero lonxe dos máis grandes recollidos. O tope desta semana é de mil quilos ao día que pasara a 3 mil a partir do vindeiro luns.

A confraría de Cambados comezou onte unha nova campaña de extracción de vieira. Nesta primeira semana o número de barcos que saen á captura deste bivalvo son 17. O límite para comezar é 100 quilos por barco e non hai moita abundancia de produto.

O bivalvo presenta unha gran calidade e un tamaño que supera os 12 centímetros.

Para a semana o límete ascenderá a 3 quilos día. O que fará que se sumen máis barcos.

A campaña comeza a un mes do nadal. Unhas datas claves para a venta do marisco.

Neste primeiros días o vieireiros está a traballar na zona catro. Os mariñeiros lamentan as restricións que teñen na zona 1 que é a máis próxima á Illa de Sálvora e onde se atopa o mellor produto.

No día de mañá sumarase a esta campaña a confraría de Rianxo. Serán os dous únicos pósitos da Ría de Arousa que extraerán vieira. A previsión en Cambados é que se retiren preto de 80 mil toneladas deste produto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí