O BNG critica ao goberno de Varela pola falta de negociacións coa esquerda

VILAGARCIA> O BNG lamenta que o Partido Socialista de Vilagarcía sacase o pleno de organización adiante grazas a abstención do Partido Popular. Os nacionalistas critican a Alberto Varela e o seu equipo por mirar polos seus salarios antes que polos intereses dos vilagarciáns. Tamén sinalaron que a representación no Porto de Vilagarcía para o Partido Popular foi o que dinamitou as negociacións. Advirten que a partir de agora as relacións serán diferentes e que farán oposición.

Contra todo pronóstico o Partido Socialista de Vilagarcía sacou adiante o pleno de organización grazas a abstención do Partido Popular. Os socialistas, só necesitaban dous concelleiros para conseguir aprobar as súas propostas pero as negociacións co BNG non saíron adiante. Dende a formación nacionalista lamentan a actuación do PSOE.

Dende o BNG consideran que ao PSOE só lle interesaba manter as liberacións.

A pesar de que o BNG estaba disposto en ceder en moitos asuntos, o que dinamitou as negociacións foi a proposta de permitir que o Partido Popular tivese un representante no Porto de Vilagarcía.

Dende a formación nacionalista mostráronse moi críticos cos socialistas e advirten que a partir de agora farán oposición.

Os nacionalistas tamén agardan que aprobación do pleno de organización fose un acordo puntual e que e este tipo de acordos entre PSdeG e PP non se dean ao longo do mandato.