CALDAS> Accidente mortal en Caldas de Reis. Unha persoa faleceu esta tarde nun sinistro de tráfico. Trátase dunha muller de 77 anos veciña de Catoira. Ademais da vítima mortal, hai dous homes feridos: un de 53 e outro de 80 anos.
O vehículo no que circulaban as tres persoas saiuse da vía por causas que aínda se descoñecen, en Carracedo, na estrada EP-8001 tras abadonar a AP-9.
Os feitos tiveron lugar contra as 5 e cuarto desta tarde. Unha persoa daba a voz de alarma ao 112 contra as 5 e cuarto.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse varias dotacións de emerxencias: policía local. protección civil, garda civil e os bombeiros do Salnés.